CANDO COMEZAMOS A IMAXINAR AS ESCOLAS QUE ÍAMOS VISITAR, VENDO A SÚA UBICACIÓN EN ZONAS DE LONGA TRADICIÓN COMO A VICTORIA OU MIRAGAIA, PENSAMOS QUE SERÍAN ESCOLAS MOI ARRAIGADAS NO BARRIO. NADA MÁIS LONXE DA REALIDADE. NO CENTRO HISTÓRICO NON QUEDAN APENAS HABITANTES, OS NENOS E NENAS QUE ACUDÍAN CADA DÍA Á ESCOLA SON MAIORITARIAMENTE DE FAMILIAS QUE VIVEN NO EXTRARRADIO, MOITOS DELES INMIGRANTES E TRABALLADORES DO SECTOR DO TURISMO. A TRANSFORMACIÓN QUE ESTÁ SUFRINDO A CIDADE PARA QUEN A VISITE DE CANDO EN VEZ É EVIDENTE PERO NAS ESCOLIÑAS QUE VISITAMOS COMPRENDEMOS A VERDADEIRA DIMENSIÓN DESTE PROBLEMA AO QUE AS MESTRAS SE REFERÍAN COMO "DRAMA".
ESTA PROBLEMÁTICA NON NOS É ALLEA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA EMPEZA A SER DIFÍCIL ALUGAR ALGO NO CENTRO HISTÓRICO, E PREGUNTÁMONOS SE NA ILLA DE AROUSA A PRESIÓN DO TURISMO ESTACIONAL TAMÉN DEIXARÁ A SÚA PEGADA...