CANDO COMEZAMOS A IMAXINAR AS ESCOLAS QUE ÍAMOS VISITAR, VENDO A SÚA UBICACIÓN EN ZONAS DE LONGA TRADICIÓN COMO A VICTORIA OU MIRAGAIA, PENSAMOS QUE SERÍAN ESCOLAS MOI ARRAIGADAS NO BARRIO. NADA MÁIS LONXE DA REALIDADE. NO CENTRO HISTÓRICO NON QUEDAN APENAS HABITANTES, OS NENOS E NENAS QUE ACUDÍAN CADA DÍA Á ESCOLA SON MAIORITARIAMENTE DE FAMILIAS QUE VIVEN NO EXTRARRADIO, MOITOS DELES INMIGRANTES E TRABALLADORES DO SECTOR DO TURISMO. A TRANSFORMACIÓN QUE ESTÁ SUFRINDO A CIDADE PARA QUEN A VISITE DE CANDO EN VEZ É EVIDENTE PERO NAS ESCOLIÑAS QUE VISITAMOS COMPRENDEMOS A VERDADEIRA DIMENSIÓN DESTE PROBLEMA AO QUE AS MESTRAS SE REFERÍAN COMO "DRAMA".
ATÓPANSE SINAIS POR TODA A CIDADE DE QUE O DEBATE SOCIAL ESTÁ TENDO LUGAR, POR SUPOSTO OS PROPIETARIOS DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS TAMÉN SE MANIFESTAN...
"NÄO MATEM AL"
ESTA PROBLEMÁTICA NON NOS É ALLEA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA EMPEZA A SER DIFÍCIL ALUGAR ALGO NO CENTRO HISTÓRICO, E PREGUNTÁMONOS SE NA ILLA DE AROUSA A PRESIÓN DO TURISMO ESTACIONAL TAMÉN DEIXARÁ A SÚA PEGADA...
DEIXAMOS DOUS ARTIGOS POR SE VOS INTERESA PROFUNDIZAR MÁIS...
PERO PASEANDO POLAS RÚAS DE PORTO DESCUBRIMOS QUE NAS PAREDES HABÍA OUTRO CONFLITO REFLEXADO...
"QUEN ENSINA A VOAR NON DEBE ARRASTRARSE"
SALARIOS BAIXOS, FALTA DE RESPECTO, EXCESO DE BUROCRACIA E FALTA DE AUTONOMÍA DOCENTE SON ALGUNHAS DAS LIÑAS DE PROTESTAS DOS NOSOS/AS COLEGAS LUSOS/AS. AO DÍA SEGUINTE DE CHEGAR COMEZABA UNHA FOLGA POR DISTRITOS QUE DURARÁ ATA O 12 DE MAIO.DEIXAMOS MÁIS INFORMACIÓN NAS SEGUINTES PÁXINAS:
POR SE TODO ISTO NON ANIMARA O SUFICIENTEMENTE A SITUACIÓN NA RÚA, ESTA SEMANA TODA A CIDADE PARECÍA INMERSA NOS PREPARATIVOS PARA UNHA GRANDE CELEBRACIÓN NACIONAL: O DÍA DA LIBERDADE, É DICIR, A CONMEMORACIÓN DA CELEBÉRRIMA REVOLUÇAO DOS CRAVOS DO 1974...
PRECISAMENTE HOXE, 25 DE ABRIL FACEMOS ESTA ÚLTIMA ENTRADA NO BLOG E
REMATÁMOS DO MESMO XEITO QUE COMEZOU: CUNHA CANCIÓN DO ZECA AFONSO....
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE NOS AXUDASTES NESTA AVENTURA, ESPECIALMENTE A ISABEL E FÁTIMA QUE NOS ABRIRON AS SÚAS "CASAS", E AOS MENINOS E MENINAS QUE NOS DEIXARON ACOMPAÑALOS DURANTE ESES 5 DÍAS. FOI UNHA GRANDE EXPERIENCIA...
OBRIGADÍSSIMAS!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor, deixa o teu nome para saber quen nos escribe. Grazas