sábado, 22 de abril de 2023

VENRES, A DESPEDIDA.

HOXE FOI O ÚLTIMO DÍA QUE PASAMOS NA ESCOLA DA BANDEIRINHA, O NOME DESTA ESCOLA É TOMADO DA MIRAGAIA,  ONDE HAI UNHA PIRÁMIDE DE GRANITO, REMATADA EN FERRO FORXADO E LOCALIZADA XUNTO "A CASA DAS SEREIAS ",  QUE SERVÍA PARA IZAR A "BANDEIRINHA DA SAÚDE"  MARCANDO O LÍMITE PARA ATRACAR AOS BARCOS EN TEMPO DE PESTE.


DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS DAS FOTOS DOS ESPAZOS QUE POIDEMOS FACER  HOXE:

O COMEDOR.  AO IGUAL QUE NA ESCOLA DE CARLOS ALBERTO, CASE TODOS OS NENOS COMEN NO CENTRO, AS MESTRAS ACOMPÁÑANOS DURANTE A COMIDA, É CONSIDERADA PARTE DO TEMPO LECTIVO.




NO PATIO TIVERON UNHA INTERVENCIÓN PARA DIVERSIFICAR E MELLORAR O TEMPO DE RECREO. NA FOTO, UNHA PAREDE SENSORIAL CON DIFERENTES ELEMENTOS: CAZOS, CHAVES,...



TAMÉN FIXERON INTERVENCIÓNS ARTÍSTICAS DO ESPAZO...




ZONA DO PATIO CON ÁRBORES E VISTAS AO DOURO E Á CIDADE...




O ALUMNADO ENTRA POR DISTINTAS PORTAS AÍNDA QUE A DIFERENCIA DA OUTRA ESCOLIÑA, COMPARTEN CORREDORES E PLANTAS CO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.






HOXE FOI DÍA DE DESPEDIDAS, DAS EDUCADORAS: ISABEL E FÁTIMA, DAS AUXILIARES: SANDRA, FABIANA, EMMA, CARLA,...E DOS NENOS E NENAS DAS DÚAS ESCOLAS QUE FIXERON DESTES DÍAS NO PORTO UNHA EXPERIENCIA INOLVIDABLE.



TAMÉN TOCOU DESPEDIRSE DESTA CIDADE MARABILLA. MAÑÁ, O MESMO COMBOIO AMARELO QUE NOS TROUXO, LEVARANOS Á CASA...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor, deixa o teu nome para saber quen nos escribe. Grazas