mércores, 19 de abril de 2023

ESCOLA CARLOS ALBERTO!


UNHA DESTAS DÚAS PORTAS É UNHA ESCOLA...


A PRIMEIRA ESCOLA QUE VISITAMOS 
TOMA O NOME DA PRAZA ONDE SE UBICA , 
PRAZA CARLOS ALBERTO. 
DIRÍADES QUE AHÍ EN FRENTE HAI UNHA ESCOLA?...



DETRÁS DAS FIESTRAS DESES EDIFICIOS ESTÁN OS ESPAZOS QUE VISITAMOS DA ESCOLA BÁSICA CON XARDÍN DE INFANCIA CARLOS  ALBERTO.


UNHA ESCOLA VERTICAL DE VARIAS PLANTAS QUE ANTIGAMENTE ALBERGABA TAMÉN UNHA "CRECHE", E QUE NA ACTUALIDADE NON CHEGA AOS 100 ALUMNOS, 22 DELES NENOS E NENAS DE 3 A 6 ANOS.


     
ELEMENTOS DA ARQUITECTURA TRADICIONAL DE OPORTO ESTÁN PRESENTES POR TODA A ESCOLA. 




A AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL ESTÁ SITUADA NUNHA PRIMEIRA PLANTA, ACOLLE A NENOS E NENAS DE MOITAS NACIONALIDADES, FILLOS EN GRAN PARTE DE FAMILIAS QUE NON VIVEN NA ZONA, PERO QUE TRABALLAN CERCA.



A DISPOSICIÓN DA AULA É CUNHA ZONA DE TRABALLO EN MESA E EN       RECANTOS AOS QUE ACODEN EN DIFERENTES MOMENTOS DA XORNADA.






DISPOÑEN TAMÉN DUNHA AULA POLIVALENTE NA QUE SE XUNTAN POLA MAÑÁ, TOMAN LEITE E FAN UNHA ASEMBLEA DE BENVIDA. TAMÉN SE LEVAN A CABO ALGUNHAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.



SUBINDO TODA ESA ESCALEIRA DE CARACOL, NA ÚLTIMA PLANTA DO EDIFICIO DE EDUCACIÓN INFANTIL, SITÚASE O COMEDOR ONDE COME PRÁCTICAMENTE  TODO O ALUMNADO SOBRE AS 11:45. NA PLANTA BAIXA ESTÁN OS CUARTOS DE BAÑO, ASÍ QUE ESTES PEQUENOS/AS ESTÁN MÁIS QUE AFEITOS A SUBIR E BAIXAR ESCALEIRAS.

                                  


O CENTRO PARTICIPA NUN PROGRAMA DA CÁMARA DO PORTO QUE SE CHAMA  
PORTO DE CRIANÇAS, NESTES DÍAS QUE NÓS ESTIVEMOS DE VISITA, TIVERON UNHA ACTIVIDADE CUNHA CERAMISTA  QUE RESULTOU SER NACIDA EN CAMARIÑAS DE PAI PORTUGUÉS E NAI CAMARIÑANA.
.






 


MAÑÁ BAIXAREMOS DA PRAZA DE CARLOS ALBERTO CARA A ESCOLA DA BANDEIRINHA. CONTINUAMOS A APRENDER!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor, deixa o teu nome para saber quen nos escribe. Grazas