martes, 25 de abril de 2023

O CONTEXTO.

CANDO COMEZAMOS A IMAXINAR AS ESCOLAS QUE ÍAMOS VISITAR, VENDO A SÚA UBICACIÓN EN ZONAS DE LONGA TRADICIÓN COMO A VICTORIA OU MIRAGAIA, PENSAMOS QUE SERÍAN ESCOLAS MOI ARRAIGADAS NO BARRIO. NADA MÁIS LONXE DA REALIDADE. NO CENTRO HISTÓRICO NON QUEDAN APENAS HABITANTES, OS  NENOS E NENAS QUE ACUDÍAN CADA DÍA Á ESCOLA SON MAIORITARIAMENTE DE FAMILIAS QUE VIVEN NO EXTRARRADIO, MOITOS DELES INMIGRANTES E TRABALLADORES DO SECTOR DO TURISMO. A TRANSFORMACIÓN QUE ESTÁ SUFRINDO A CIDADE PARA QUEN A VISITE DE CANDO EN VEZ É EVIDENTE PERO NAS ESCOLIÑAS QUE VISITAMOS COMPRENDEMOS A VERDADEIRA DIMENSIÓN DESTE PROBLEMA AO QUE AS MESTRAS SE REFERÍAN COMO "DRAMA".


    



ATÓPANSE SINAIS POR TODA A CIDADE DE QUE O DEBATE SOCIAL ESTÁ TENDO LUGAR, POR SUPOSTO OS PROPIETARIOS DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS TAMÉN SE MANIFESTAN...
"NÄO MATEM AL"


ESTA PROBLEMÁTICA NON NOS É ALLEA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA EMPEZA A SER  DIFÍCIL ALUGAR ALGO NO CENTRO HISTÓRICO, E PREGUNTÁMONOS SE NA ILLA DE AROUSA A PRESIÓN DO TURISMO ESTACIONAL TAMÉN DEIXARÁ A SÚA PEGADA...

DEIXAMOS DOUS ARTIGOS POR SE VOS INTERESA PROFUNDIZAR MÁIS...




PERO PASEANDO POLAS RÚAS DE PORTO DESCUBRIMOS QUE NAS PAREDES HABÍA OUTRO CONFLITO REFLEXADO...




"QUEN ENSINA A VOAR NON DEBE ARRASTRARSE"


SALARIOS BAIXOS, FALTA DE RESPECTO, EXCESO DE BUROCRACIA E FALTA DE AUTONOMÍA DOCENTE SON ALGUNHAS DAS LIÑAS DE PROTESTAS DOS NOSOS/AS COLEGAS LUSOS/AS. 
AO DÍA SEGUINTE DE CHEGAR COMEZABA UNHA FOLGA POR DISTRITOS QUE DURARÁ ATA O 12 DE MAIO.
DEIXAMOS MÁIS INFORMACIÓN NAS SEGUINTES PÁXINAS:

POR SE TODO ISTO NON ANIMARA O SUFICIENTEMENTE A SITUACIÓN NA RÚA, ESTA SEMANA TODA A CIDADE PARECÍA INMERSA NOS PREPARATIVOS PARA UNHA GRANDE CELEBRACIÓN NACIONAL: O DÍA DA LIBERDADE, É DICIR, A CONMEMORACIÓN DA CELEBÉRRIMA REVOLUÇAO DOS CRAVOS DO 1974...




 
PRECISAMENTE HOXE, 25 DE ABRIL FACEMOS ESTA ÚLTIMA ENTRADA NO BLOG E 
REMATÁMOS DO MESMO XEITO QUE COMEZOU: CUNHA CANCIÓN DO ZECA AFONSO....



MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE NOS AXUDASTES NESTA AVENTURA, ESPECIALMENTE A ISABEL E FÁTIMA QUE NOS ABRIRON AS SÚAS "CASAS", E AOS MENINOS E MENINAS QUE NOS DEIXARON ACOMPAÑALOS DURANTE ESES 5 DÍAS. FOI UNHA GRANDE EXPERIENCIA... 

OBRIGADÍSSIMAS!!!!




sábado, 22 de abril de 2023

VENRES, A DESPEDIDA.

HOXE FOI O ÚLTIMO DÍA QUE PASAMOS NA ESCOLA DA BANDEIRINHA, O NOME DESTA ESCOLA É TOMADO DA MIRAGAIA,  ONDE HAI UNHA PIRÁMIDE DE GRANITO, REMATADA EN FERRO FORXADO E LOCALIZADA XUNTO "A CASA DAS SEREIAS ",  QUE SERVÍA PARA IZAR A "BANDEIRINHA DA SAÚDE"  MARCANDO O LÍMITE PARA ATRACAR AOS BARCOS EN TEMPO DE PESTE.


DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS DAS FOTOS DOS ESPAZOS QUE POIDEMOS FACER  HOXE:

O COMEDOR.  AO IGUAL QUE NA ESCOLA DE CARLOS ALBERTO, CASE TODOS OS NENOS COMEN NO CENTRO, AS MESTRAS ACOMPÁÑANOS DURANTE A COMIDA, É CONSIDERADA PARTE DO TEMPO LECTIVO.




NO PATIO TIVERON UNHA INTERVENCIÓN PARA DIVERSIFICAR E MELLORAR O TEMPO DE RECREO. NA FOTO, UNHA PAREDE SENSORIAL CON DIFERENTES ELEMENTOS: CAZOS, CHAVES,...



TAMÉN FIXERON INTERVENCIÓNS ARTÍSTICAS DO ESPAZO...




ZONA DO PATIO CON ÁRBORES E VISTAS AO DOURO E Á CIDADE...




O ALUMNADO ENTRA POR DISTINTAS PORTAS AÍNDA QUE A DIFERENCIA DA OUTRA ESCOLIÑA, COMPARTEN CORREDORES E PLANTAS CO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.






HOXE FOI DÍA DE DESPEDIDAS, DAS EDUCADORAS: ISABEL E FÁTIMA, DAS AUXILIARES: SANDRA, FABIANA, EMMA, CARLA,...E DOS NENOS E NENAS DAS DÚAS ESCOLAS QUE FIXERON DESTES DÍAS NO PORTO UNHA EXPERIENCIA INOLVIDABLE.



TAMÉN TOCOU DESPEDIRSE DESTA CIDADE MARABILLA. MAÑÁ, O MESMO COMBOIO AMARELO QUE NOS TROUXO, LEVARANOS Á CASA...

xoves, 20 de abril de 2023

ESCOLA DA BANDEIRINHA!


CHAMAMOS Á PORTA DA SEGUNDA ESCOLA QUE VISITAMOS, A ESCOLA BÁSICA DA BANDEIRINHA.


TIVEMOS QUE BAIXAR CARA O DOURO, POR UNHAS RÚAS EMPINADAS ONDE SE SITÚA A ESCOLA NA PARTE ALTA DO BARRIO DE MIRAGAIA. 


O PATIO DÁ Á PARTE TRASEIRA CON VISTAS AO PARQUE DAS VIRTUDES E AO DOURO.


O ENTORNO PRECIOSO DA ESCOLA...



É UNHA ESCOLA DE CARACTERÍSTICAS SIMILARES A DE CARLOS ALBERTO, CUNHA UNIDADE DE EDUCACIÓN INFANTIL MIXTA DE 20 NENOS E NENAS E O PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (4 AULAS). UNHA ESCOLA  PEQUENA E FAMILIAR NO CORAZÓN DUNHA CIDADE COMA PORTO. 


ALGÚNS DOS ESPAZOS QUE POIDEMOS FOTOGRAFIAR:



TRABALLOS DO ALUMNADO PENDURADOS POLAS PAREDES.


PREPARANDO O 25 DE ABRIL, A CONMEMORACIÓN DA "REVOLUÇAO DOS CRAVOS"



HOXE REUNÍMONOS COS NENOS E NENAS DA ESCOLA CARLOS ALBERTO, FOMOS XUNTOS DE EXCURSIÓN AO PARQUE DA CIDADE, EN FOZ, AO LADO DO MAR. 


MAÑÁ ÚLTIMO DÍA NA BANDEIRINHA E ÚLTIMO DÍA DESTA EXPERIENCIA MARABILLOSA.

BEIJINHOS, SEGUIREMOS CONTANDO!...

mércores, 19 de abril de 2023

ESCOLA CARLOS ALBERTO!


UNHA DESTAS DÚAS PORTAS É UNHA ESCOLA...


A PRIMEIRA ESCOLA QUE VISITAMOS 
TOMA O NOME DA PRAZA ONDE SE UBICA , 
PRAZA CARLOS ALBERTO. 
DIRÍADES QUE AHÍ EN FRENTE HAI UNHA ESCOLA?...



DETRÁS DAS FIESTRAS DESES EDIFICIOS ESTÁN OS ESPAZOS QUE VISITAMOS DA ESCOLA BÁSICA CON XARDÍN DE INFANCIA CARLOS  ALBERTO.


UNHA ESCOLA VERTICAL DE VARIAS PLANTAS QUE ANTIGAMENTE ALBERGABA TAMÉN UNHA "CRECHE", E QUE NA ACTUALIDADE NON CHEGA AOS 100 ALUMNOS, 22 DELES NENOS E NENAS DE 3 A 6 ANOS.


     
ELEMENTOS DA ARQUITECTURA TRADICIONAL DE OPORTO ESTÁN PRESENTES POR TODA A ESCOLA. 




A AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL ESTÁ SITUADA NUNHA PRIMEIRA PLANTA, ACOLLE A NENOS E NENAS DE MOITAS NACIONALIDADES, FILLOS EN GRAN PARTE DE FAMILIAS QUE NON VIVEN NA ZONA, PERO QUE TRABALLAN CERCA.



A DISPOSICIÓN DA AULA É CUNHA ZONA DE TRABALLO EN MESA E EN       RECANTOS AOS QUE ACODEN EN DIFERENTES MOMENTOS DA XORNADA.






DISPOÑEN TAMÉN DUNHA AULA POLIVALENTE NA QUE SE XUNTAN POLA MAÑÁ, TOMAN LEITE E FAN UNHA ASEMBLEA DE BENVIDA. TAMÉN SE LEVAN A CABO ALGUNHAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.



SUBINDO TODA ESA ESCALEIRA DE CARACOL, NA ÚLTIMA PLANTA DO EDIFICIO DE EDUCACIÓN INFANTIL, SITÚASE O COMEDOR ONDE COME PRÁCTICAMENTE  TODO O ALUMNADO SOBRE AS 11:45. NA PLANTA BAIXA ESTÁN OS CUARTOS DE BAÑO, ASÍ QUE ESTES PEQUENOS/AS ESTÁN MÁIS QUE AFEITOS A SUBIR E BAIXAR ESCALEIRAS.

                                  


O CENTRO PARTICIPA NUN PROGRAMA DA CÁMARA DO PORTO QUE SE CHAMA  
PORTO DE CRIANÇAS, NESTES DÍAS QUE NÓS ESTIVEMOS DE VISITA, TIVERON UNHA ACTIVIDADE CUNHA CERAMISTA  QUE RESULTOU SER NACIDA EN CAMARIÑAS DE PAI PORTUGUÉS E NAI CAMARIÑANA.
.






 


MAÑÁ BAIXAREMOS DA PRAZA DE CARLOS ALBERTO CARA A ESCOLA DA BANDEIRINHA. CONTINUAMOS A APRENDER!

PRÓXIMA PARADA: PORTO!


AQUÍ COMEZOU A NOSA VIAXE...

   COMO DICÍA ZECA AFONSO " NO COMBOIO DESCENDENTE"...



O TRAXECTO EN TREN BAIXA A CARÓN DO MIÑO 

PARA ATOPARSE CO MAR A ALTURA DE CAMINHA, CRUZA VILAS COMO VIANA

 E AGASALLOUNOS CUNHA PAISAXE VERDE QUE NOS NAMOROU.



CHEGAMOS A CIDADE INVICTA A MEDIA MAÑÁ




PORTO BULÍA DE XENTE E DE ESTÍMULOS. 

   COMEZA  A  AVENTURA!

venres, 14 de outubro de 2022

ATA OUTRA!! ATÉ LOGO!!

 O noso máis sentido agradecemento ao equipo directivo, ao profesorado e a toda as traballadoras e traballadores do Agrupamento de Escolas de Freixo pola súa acollida.

Por facernos sentir como parte da súa escola e por compartir con nós o seu bo saber facer.



ANTES DA PARTIDA

 Mais antes de pechar esta aventura, non podíamos marchar sen lembrar un anaquiño do impresionante patrimonio portugués, con unha pequeniña mostra do que coñecimos durante estes días.



ÚLTIMA XORNADA DA NOSA ESTADÍA NO AGRUPAMENTO DE ESCOLAS DE FREIXO

Chega a fin da nosa experiencia Erasmus en Portugal.

Tamén tivemos un momento de PARTILHA DE PRACTICAS para compartir experiencias educativas, intercambiar impresións, anhelos e inquedanzas, que nos unen no obxectivo común de ofrecer as mellores ferramentas e oportunidades ao noso alumnado.

Aquí deixamos algunhas fotos máis de espazos comúns, pavillón de deportes e aula de robótica.