Chegamos ao noso destino e comezamos coñecendo espazos, aulas (que aquí son salas), mestras e mestres e alumnado. O recibimento é fantástico e sentímonos moi ben acollidas.
Pero non queremos decirvos aínda o lugar exacto onde estamos.
Propoñemos un pequeno xogo de pistas para que participedes dende as vosas aulas.
A ver quen descubre antes en que colexio de Europa estamos.
AVISO AO PROFESORADO: Só podedes axudar logo da última pista.
Aquí van as primeiras:
1.- Para chegar ata aquí tivemos que cruzar tres pontes, dúas galegas e unha compartida co noso anfitrión.
2.- Aínda non sabendo o idioma local, non temos dificultade algunha para entendernos.
3.- Estamos ao norte do país.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor, deixa o teu nome para saber quen nos escribe. Grazas